Total visitas á páxina

martes, 6 de septiembre de 2011

A Pedra do Home



Estas fotos son propiedade de Pazos(Amerginh)-Celtiberia.net

Un dos lugares emblemáticos(e pouco estudiados e POUCO CUIDADOS-PROTEXIDOS) do Concello de Val do Dubra. É curioso o tamaño pequeno das tumbas. De feito teño lido nalgún sitio que lle chaman "de xente pequena"
O poboamento da Pedra do Home sitúase en San Cristobo de Portomouro(Val do Dubra), arriba da Igrexa de Portomouro. Son unhas tumbas antropomórficas, que os veciños chamaban Pedra dos Mouros. É un grupo de tumbas altomedievais-suevas labradas en roca granítica típica da zona. Había máis dunha ducia delas, algunhas xa perdidas e polo menos unha está tapada pola maleza e enterrada na parte baixa. 


Sarcófagos I. Pazos, 2005.

Sarcófagos II. Pazos, 2005. 
Estos sarcófagos tiñan lápidas labradas. Algunhas pódense ver no Museo do Pobo Galego.
Atopáronse algunhas moedas, cerámicas e algúns metáis.


Pedra do Home. Pazos, 2005. 
Estas tumbas encóntranse nas propiedades que dende moi antigo pertenceron á Casa de Altamira. Díse que a casa está construída sobre un castelo, castro, forte. No siglo XVIII aínda era un cuartel militar. 
Hoxe pódese ver unha pedra que sobresae que antigamente tiña 2-3 metros máis de alto, pero que nos anos cincuenta foi dinamitada por Xan do Romaño, que viña buscando o tesouro que non dou atopado.
Hueco-cueva de la roca. Pazos, 2005.

Portomouro> Porto Mararie>Portomauri= Porto dos mouros= Paso antigo.

No século XI aparece documentada coma Porto Mararie, vencellada a lenda de Santiago Apóstolo, cuio corpo levaban os seus discípulos para ser enterrado, e perseguidos polos pagáns cruzaron a ponte que se derrubou deixando ós perseguidores do outro lado.
Hai quen sitúa a Portomouro de Abaixo cá 3ª mansio romana Ad Duos Pontes da vía XX "per loca marítima" do Itinerario de Antonino. A pedra do Home xunto a Igrexa de San Cristobo(santo camiñeiro) está vinculada a este paso. Sería torre vixía do paso.
Sexa como fore Entrepontes e a ponte de Portomouro é un paso importante de vías de comunicación pola depresión meridiana Tuy-Carballo. En Entrepontes ramificaríase un camiño polo lado este do río Dubra(Portomouro-Portomeiro-Niveiro...) e outro pola marxe oeste(Coucieiro-Carboeiro-Xallas...)
En 1380 había unha taberna ó servicio do paso-ponte(Ferreira Priegue: Los caminos medievales de Galicia)
Esta ponte derrubouse no ano 1606, polo que Terra de Duvrie deixóu de ser paso importante da xente da Costa da Morte e pelegríns camiño de Compostela en favor das pontes constrídas en Ponte Albar e Ponte Maceira.
A súa importancia está documentada(1564):
“ Conviene que para se redificar la dicha puente es muy nescesario hacer repartimiento del dinero que para ello ser menester entre los vecinos concejos de las provincias que resçiben aprovechamiento de la dicha puente, que son la ciudad de Santiago, y toda su provincia, donde entran los concejos de la dicha tierra del Xallas y también los puertos y tierras de Soneira e Bergantiños, y toda la dicha provincia de Santiago y la ciudad de Orense, e Tui e sus provincias, e ansí mesmo es nescesario también que el rei nuestro señor de licencia para hacer dicho repartimiento, e que la dicha puente se haga e redifique fuerte e perpetua como antes estaba”. 
“esta puente es muy nescesaria por estar en buen sitio, e cómodo y en un camino real y paso por donde van y vienen de los puertos de Laxe, Muxía, Camariñas, Corme, Malpica, bestias mulares e en especial ganados e pescado para las ferias de la Bañeza y Medina del Campo e de Ríoseco e de Astorga y Benavente”.
O documento máis antigo que se coñece que faga mención a ponte Portomouro data de 1380 . Pero só coñecemos a súa apariencia a través da descripción, que se lle fai, nun documento de 1564, que di: Sobre o río Tamare da Ponte Portomouro estaba unha ponte de pedra de catro arcos fortes e largos, que caeu por ser moi antiga. O deterioro da ponte xenerou un pleito no que se demandaba a través da Real Audiencia de Galicia a súa imprescindible reparación. Nesta petición as provincias do Xallas e Dubra reclaman a reconstrucción desa ponte, como método para preservar a comunicación da zona marítima de Corcubión, Fisterra, Camariñas, Laxe, Corme, Bergantiños, e Malpica, así como de Santiago, Ourense e Tui coa meseta. A ponte Portomouro parece funcionar deste modo como nexo de unión dun camiño importante para o transporte de productos como peixe, gando, e outros bastimentos, para as feiras de Medina del Campo, Medina de Ríoseco, Benavente e Astorga . Dise da ponte que está en bo sitio, e cómodo, e nun camiño Real. Finalmente engaden que debería deixarse, forte e perpetua como antes estaba. Ademais, ó ser necesaria a asistencia de peritos, que cuantificaran os gastos das reparacións, éstes descrébena. Medía 236 pés de longo, o que equivale a 66 m., 34 pés de alto, é dicir 9,5 m, e 16 pés de ancho, que é igual a 3,93 metros. Constaba dun arco central de algo mais de 36 codos , algo máis de 15 metros, situado entre outros tres máis pequenos, que están en las orillas de las ribieras. Destes arcos pequenos non se dan medidas. Os materiais empregados para a construcción da ponte semellan ser cantería, e argamasa . 
A construcción no século XV da veciña Pontemaceira, debeu facer innecesaria a reparación da ponte Portomouro, demasiado costosa, para servir a un camiño en desuso debido á creación dos camiños medievais de Santiago, que xeneraron itinerarios alternativos. A pervivencia ou abandono dunha ponte se nos presenta así intimamente ligada á historia do camiño ó que serve. Se unha ponte cae e non se reconstrúe o camiño morre, e viceversa . A caída definitiva da ponte Portomouro en 1592, debeu perxudicar en grande medida ó importante número de personas que traxinaba por ela. Neste senso parece pronunciarse o pleito, interposto polos veciños de San Mamede de Piñeiro e Santo Tomé de Ames, no ano 1626, amosando as consecuencias que trouxo para os habitantes dun e doutro lado do río a caida definitiva da ponte acaecida apenas trinta anos antes. O camiño péchase e desaparece. 

Leer más: http://www.celtiberia.net/verlugar.asp?id=612#ixzz1aqMSyc8p
Pedra do home, Portomouro. A Coruña.





Tomado da páxina do Concello: http://valdodubra.es/PedraHome.php

Despois da restauración e posta en valor


SARTEGO Nº 1:
SARTEGO Nº 2:
SARTEGO Nº 3:



Atópase á dereita das escaleiras. Dimensións: Lonxitude externa: 1,81 m Lonxitude interna: 1,60 m Largo exterior da cabeceira: 0,50 m Largo exterior dos pés: 0,40 m Cabeceira: 0,25 x 0,23 m Grosor das paredes laterais na cabeceira: entre 12 e 14 cm Grosor das paredes laterais no resto do sartego: 6 cm Profundidade do oco da cabeceira: 20 cm Profundidade do oco nos pés: 17 cm O enterramento está inclinado cara o NE
Atópase á esquerda das escaleiras. Dimensións: Lonxitude externa: 1,90 m Lonxitude interna: 1,80 m Largo exterior da cabeceira: 0,56 m Largo exterior dos pés: 0,37 m Cabeceira: 0,25 x 0,23 m Grosor das paredes laterais na cabeceira: 15 cm Grosor das paredes laterais no resto do sartego: 7 cm Profundidade do oco da cabeceira: 20 cm Profundidade do oco nos pés: sobre os 17 cm (están mal conservados) O enterramento está inclinado cara o NE
É o mellor conservado e localízase ao SE do anterior. Dimensións: Lonxitude externa: 1,65 m Lonxitude interna: 1,47 m Largo exterior da cabeceira: 0,57 m Largo exterior dos pés: 0,36 m Cabeceira: 0,29 x 0,25 m Grosor das paredes laterais na cabeceira: entre 16 cm Grosor das paredes laterais no resto do sartego: 8 cm Profundidade do oco da cabeceira: 21 cm Profundidade do oco nos pés: 23 cm O enterramento está case plano, aínda que parece orientado en sentido SW-NE





Cómo chegar:
Dende a ponte(Entrepontes) sóbese á Igrexa e está no alto do pobo.


Mapa
Satélite
Superponer callejero
Relieve
1 mi
1 km
BIBLIOGRAFÍA:
Pazos(Amerginh)
Celtiberia.net
Ferreira Priegue: Los caminos medievales de Galicia